Rexistro

Nesta páxina tes toda a información para rexistrarte ao I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica

Rexístrate de maneira presencial ou on-line

Resolvemos as túas dúbidas.

Información Xeral

ASISTENCIA ao foro é libre e totalmente gratuita. O evento, que será retransmitido en streaming en aberto a través desta web, ten reservadas un número limitado de prazas físicas para poder asistir presencialmente á xornada inaugural de Santiago de Compostela. A segunda xornada, a de Ribeira contará cun acceso físico moito máis limitado por razón de aforo que só permitirá ser seguido on-line a través da nosa canle de YouTube.

Por cuestións de aforo derivadas da situación actual relacionadas coa pandemia, a asistencia en persoa poderase realizar pero sempre previa inscrición enchendo o formulario da mesma páxina web ata completar as prazas dispoñibles, que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. A praza presencial será confirmada por correo electrónico con anterioridade ao evento.

O foro é, asemade, unha actividade para a que está solicitada a ACREDITACIÓN para profesións sanitarias da Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.

Para a obtención desta acreditación, os participantes con dereito a ela deberán:

  1. Inscribirse nas duas xorandas a través dos formularios da web de Zoom Webinar habilitado para ese fin.
  2. Asistir ao 100% do evento e acreditalo (para iso será fundamental a inscrición en Zoom Webinar).
  3. Cumprimentar o formulario de avaliación que se lles enviará unha vez comprobada a asistencia (presencial e/ou online) ás xornadas.

Se non se cumpren estes requisitos non se poderá recibir a acreditación correspondente.

Comisión de Formación Continuada do Sistema de Saude

Acreditación Formativa

Para completar o curso que acredita a formación continuada deberás inscribirte e asistir ás dúas sesións Webinar cubrindo os datos solicitados.

O enlace da reunión chegará directamente ao teu correo e dende aí terás acceso ao foro de manera online a través da plataforma Zoom Webinar, que permitirá acreditar que fixeches seguimiento.

Ao remate da segunda sesión recibirás un enlace para cubrir un formulario de avaliación, indispensable para cumplimentar os requisitos da formación.

Rexistro na 1º Sesión

13 setembro // Santiago de Compostela

ZOOM Webinar

Lembra que debes inscribirte nas dúas sesións
REXISTRO

Xa chegamos ao aforo máximo permitido pola normativa Covid-19. Se quere asisitr ao Foro poderá inscribirse na plataforma Webinar ou seguir a retransmisión a través do enlace de streaming que aparece no menú da Web.

Prazas Limitadas

Rexistro Presencial

Este rexistro é únicamente válido para asistir á sesión inaugural do día 13 de setembro na Aula Magna do Edifico Docente Roberto Novoa Santos en Santiago de Compostela.

Se queres optar á acreditación formativa, debes inscribirte tamén na segunda sesión da plataforma Webinar Zoom.

As prazas son limitadas e o sistema validará a túa reserva cun correo de confirmación. Se o correo de confirmación non chega, podes poñerte en contacto con nós en info@fundaciondietatlantica.gal para verificar a túa praza.

Por normativa Covid precisamos que os asistentes acudan con 30 minutos de antelación para acceder á sala de maneira segura e portando en todo tempo a máscara hixiénica correspondente.

Prazas limitadas