
I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica
13 e 14 de setembro de 2021
Santiago de Compostela – Ribeira
Inscrición a Webinar
O foro é unha actividade para a que está solicitada a ACREDITACIÓN para profesións sanitarias da Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.
Para a obtención desta acreditación, os participantes que estean interesados e teñan dereito a ela, deberán inscribirse no Webinar correspondente na sección “REXISTRO” e cumprir cos requisitos establecidos.
Prazas Presenciais
Na xornada inaugural do 13 de setembro dispoñemos de prazas presenciais limitadas que se asignarán por orde de inscrición a aquelas persoas interesadas en acudir ao foro.
Na sección “Rexistro” encontrará toda a información pertinente ao respecto.
Evento Seguro
As dúas xornadas do foro están deseñadas e programadas atendendo aos protocolos médicos máis estrictos en canto a restriccións con motivo da Covid-19.
Recomendamos a os asistentes acudir con 30 minutos de antelación para axilizar o acomodo na sala.
Realizarase un rexistro de asistencia para poder levar un control sanitario.
Para o acceso, é imprescindible portar máscara.

Presentación
O consumo de produtos do mar, peixes, mariscos e algas, son parte fundamental dunha dieta sá e equilibrada. Estímase que o seu consumo non debe ser inferior a 3 ou 4 racións na semana por tratarse dun alimento que, ademais do seu alto valor como fonte de Omega-3, nos achega proteínas de alto valor biolóxico, vitamina D e do grupo B, ferro, potasio, iodo, potasio e calcio entre outros nutrientes.
Este alimento é un dos piares fundamentais da dieta atlántica que promove a Fundación Dieta Atlántica a través da Universidade de Santiago de Compostela desde que se constituiu en Galicia no ano 2007.
Co apoio da Xunta de Galicia, bota a andar o I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible (DIETLÁNTICA), que pretende poñer en valor unha dieta que se basea nun consumo responsable, de proximidade, sostible e san.
Ao longo de dous días, daranse cita diferentes profesionais de recoñecido prestixio dos ámbitos sanitario, nutricional, educativo e gastronómico para abordar os beneficios dunha alimentación baseada na implementación dunha dieta beneficiosa desde os puntos de vista nutricional, medioambiental e social.
13 setembro. Santiago de Compostela
Sesión Inaugural
A sesión inaugural terá lugar o vindeiro luns 13 de setembro na aula Magna do Edificio Docente Roberto Novoa Santos en Santiago de Compostela, ao lado do Hospital Universitario de Santiago (CHUS).
Serán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e mailo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, quen inauguren esta primeira parte que, baixo o epígrafe “Peixe e saúde”, estará centrada especialmente no aspecto sanitario e nutricional do consumo de peixe e produtos do mar.
Esta sesión, que poderá ser seguida on line en directo a través da nosa emisión en YouTube AQUÍ, contará con ata 90 prazas para acceder en persoa ao evento pero sempre previa inscripción no formulario que pode atopar no menú desta páxina ou premendo no seguinte botón:
Edificio Roberto Novoa Santos
- Trva. de la Choupana, s/n – 15706 – Santiago de Compostela
Programa
Luns, 13 de setembro // Santiago de Compostela - Aula Magna do Efidificio Docente Roberto Novoa Santos
10:00 – INAUGURACIÓN
Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia
10:30 – PEIXE E SAÚDE
Modera e presenta: Felipe Casanueva, endocrinólogo da Unidade de Obesidade do grupo HM hospitales. Vicepresidente da Fundación Dieta Atlántica da USC.
10:35 – O peixe na saúde do neno e o adolescente. A adherencia á Dieta Atlántica.
Rosaura Leis, pediatra e profesora titular de Pediatría. GI Nutrición Pediátrica do IDIS. Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS. Presidenta do comité científico da Fundación Dieta Atlántica da USC.
11:00 – O peixe e a saúde cardiovascular
Guillermo Aldama, cardiólogo intervencionista do CHUAC
11:25 – O peixe e a saúde nas persoas adultas maiores
Fernando Rodríguez-Artalejo, Médico epidemiólogo. Catedrático e director do departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidad Autónoma de Madrid
12:00 – Preguntas e debate
Martes, 14 de setembro // Ribeira. - Salón de actos da lonxa
16:00 – INAUGURACIÓN
Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira
Rosa Quintana, conselleira do Mar
16:20 PEIXE, GASTRONOMÍA E SOSTIBILIDADE
Modera e presenta Rosaura Leis, pediatra e profesora titular de Pediatría. GI Nutrición Pediátrica do IDIS. Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS. Presidenta do comité científico da Fundación Dieta Atlántica da USC.
16:25 – O papel do peixe na Gastronomía Atlántica
Lucía Freitas, Chefs en A Tafona. Estrela Michelín.
16:55 – Peixe, ácidos graxos omega-3 e prevención de enfermidades crónicas
Ángel Gil, catedrático de bioquímica da Universidade de Granada. Presidente da Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT).
17:25 – O peixe, a Dieta Atlántica e a sostibilidade
Gumersindo Feijóo, Catedrático Enxeñería Química da USC. Fundación Dieta Atlántica da USC.
17:55 – Preguntas e debate
18:25 – VISITA Á LONXA
18:55 – Degustación
Relatores
Comité Organizador
Rosaura Leis
Gumersindo Feijoo
Comité Científico
Rosaura Leis
Gumersindo Feijoo
Felipe Casanueva
Fundación declarada de interese sanitario
Fundación Dieta Atlántica
Dende o 2007 traballamos coobxectivo de fomentar o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica para a saúde e o benestar da poboación